Eventos
Eventos
Buscador
"Este obradoiro ten como principal obxectivo orientas a pymes e autónomos na adopción das súas primeiras ferramentas para a xestión dos procesos de facturación, relación con provedores e procesos da empresa. Durante o obradoiro, explicarase en que consiste cada unha de estas ferramentas, e falarase de varias posibilidades gratuítas para autónomos e micropemes. Índice de contidos • Necesidades de autónomos e micropemes • Definicións • Ferramentas gratuítas • Caso practico O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."
28/04/2017 19:00
"Neste obradoiro daremos ideas de como podes crear o teu propio estilo e coñecerás cales son os elementos dunha ficha de produto que máis contribúen a aumentar a porcentaxe de conversión. Índice de contidos • A ficha de produto: elementos que contribúen a incrementar a porcentaxe de conversión. • Antes de facer as fotos aplica a espiga de peixe • Técnicas de fotografía no sector Moda • Probador virtual para o sector Fogar: colchóns • Electrónica: fotos de fabricantes vs distribuidores • Sector alimentación: o caso de Mercadona • Diferenciarse a través do fondo • Solucións aos problemas de escala • Conclusións O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo."