Eventos
Eventos
Buscador
28/11/2017 19:00
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste taller daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio. Índice de contidos Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais? Uso persoal vs. uso profesional Aspectos a ter en conta Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
28/11/2017 19:00
Taller dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a súa propia tenda online dunha maneira sinxela á vez que potente. Baseado no xestor de contidos Woocommerce, este taller intégrase nun itinerario formativo de comercio electrónico que ten a súa continuación co módulo 2 do devandito taller. Debido a que o taller partirá da asunción de certos coñecementos informáticos básicos por parte do asistente considérase que teñen un nivel medio de dificultade. Índice de contidos • Xestores de tendas online: Prestashop, Magento, WooCommerce • Elixir un entorno de aloxamento rápido e seguro • Instalación de Woocommerce • Elixir o tema adecuado para a tua web • Métodos de pago e métodos de entrega • Engadir categorías e productos O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas.