Eventos
Eventos
Buscador
"Este obradoiro ten como obxectivo amosar de forma práctica as aplicacións básicas e elementais que calquera empresa/autónomo debe manexar no día a día do seu negocio. Índice de contidos • Ferramentas ofimáticas • Correo electrónico • Seguridade: protección contra virus e copias de seguridade. • Acceso en remoto O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital."
"Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que mellorar a nosa imaxe de marca, coidando a nosa identidade visual, dentro dos nosos correos electrónicos. Valoraremos ferramentas que facilitan a creación de modelos profesionais e que nos permitan combinar as nosas bases de datos coa información, conseguindo unha resposta áxil e personalizada cara ós nosos clientes e colaboradores, onde poderemos mostrarlles os nosos servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. Índice de contidos • Introdución: marca persoal • Crea a túa sinatura profesional • Xera o teu persoal HTML para mercadotecnia por correo electrónico • Configura Gmail para respostas estándar • Crea as túas BB. DD. en Excel para correos personalizados • Configura o teu persoal de correo para a combinación de correspondencia O Obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online"