Eventos
Eventos
Buscador
"Este obradoiro ten como obxectivo expoñer as vantaxes dunha eficiente xestión do tempo para mellorar a produtividade laboral, así como poñer a disposición dos asistentes as ferramentas adecuadas para esa xestión do tempo e a organización do traballo. Índice de contidos 1º. Trello •Que é? • Por que utilizalo? • Comezado con Trello 2º. Outros xestores de proxectos e tarefas 3º. TOGGL: Contador de tempo O Obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web."
"Curso básico sobre conceptos de web, enfocado na importancia dunha páxina profesional e os seus beneficios como empresa e o seu correcto posicionamento en internet a través de técnicas gratuítas. Índice de contidos • Conceptos básicos • Dominios, hosting… • Para que podo utilizar un dominio • .com vs. .es e outras extensións • Presenza en internet: • Beneficios • ¿Como o logramos? • SEO • Posicionamento interno • Posicionamento externo • Penalización en motores de procura O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."