Eventos
Eventos
Buscador
23/01/2017 19:00
Obxectivo: O vídeo marketing e as redes sociais visuais son unha tendencia o alza que debes aproveitar para o teu negocio. A cifras falan: 100 millóns de internautas consumen vídeo a diario. 9 de cada 10 ven os vídeos das marcas que seguen e o 65% deles acaba visitando a web tras facelo. En 2018 o vídeo online suporá o 84% de todo o trafico no internet. Neste taller veremos como integrar o vídeo na túa estratexia de marketing online, recomendacións para realizar vídeos que provoquen engagement entre a túa audiencia e cales son as redes sociais (YouTube, Periscope, Facebook...) que che facilitaran a tarefa de difundilos. Contido: 1. Vídeo marketing y razóns polas que incluílo na túa estratexia 2. Youtube 3. Periscope 4. Vídeo noutras redes sociais: Facebook, etc. 5. Aspectos técnicos e estéticos para a realización de vídeos O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital.