Eventos
Eventos
Buscador
22/11/2017 17:30
O taller está dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que xestionan a súa actividade cunha folla de cálculo. Neste taller aprenderán formas sinxelas de relacionar a información das operacións diarias cos stock de mercadoría, mediante un exemplo práctico que tan só usa 9 fórmulas. Ademais poderás interpretar a marcha do teu negocio utilizando táboas e gráficos dinámicos. O taller está concibido para nivel inicial e intermedio. Índice de contidos A importancia da xestión das operacións Uso de persoais en follas de cálculo Deconstrución do noso exemplo Análise dos resultados Plataformas de follas de cálculo alternativas O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Realizarase en colaboración con AEMOS, impartíndose nas súas instalacións.
22/11/2017 19:00
Neste obradoiro daranse a coñecer as ferramentas e aplicacións imprescindibles para o sector legal. Índice de contidos • La digitalización del sector • Aplicaciones ofimáticas imprescindibles • Copias de seguridad en la nube • La firma electrónica • Lexnet • Otras aplicaciones de interés O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce