Eventos
Eventos
Buscador
Este obradoiro ten como principal obxectivo orientas a pymes e autónomos na adopción das súas primeiras ferramentas para a xestión dos procesos de facturación, relación con provedores e procesos da empresa. Durante o obradoiro, explicarase en que consiste cada unha de estas ferramentas, e falarase de varias posibilidades gratuítas para autónomos e micropemes. Índice de contidos • Necesidades de autónomos e micropemes • Definicións • Ferramentas gratuítas • Caso practico O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
18/09/2017 19:00
O taller está dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que xestionan a súa actividade cunha folla de cálculo. Neste taller aprenderán formas sinxelas de relacionar a información das operacións diarias cos stock de mercadoría, mediante un exemplo práctico que tan só usa 9 fórmulas. Ademais poderás interpretar a marcha do teu negocio utilizando táboas e gráficos dinámicos. O taller está concibido para nivel inicial e intermedio. Índice de contidos A importancia da xestión das operacións Uso de persoais en follas de cálculo Deconstrución do noso exemplo Análise dos resultados Plataformas de follas de cálculo alternativas O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con mais de 14 anos de experiencia na implantación TIC nas empresas.