Eventos
Eventos
Buscador
Obxectivo: O tema que se abordará neste curso correspóndese coa segunda parte do obradoiro Google Analytics: Iniciación á analítica Web. Nesta parte centrarémonos en interpretar os datos dos informes máis importantes e en entender as diferentes métricas e dimensións dos resultados que obtemos nos nosos sitios web. A idea principal que se busca alcanzar é poder chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais. Contidos: • Dimensións métricas e valores • As vistas • Os obxectivos • Embudos de conversión • Referencia de tráfico de campañas Relator: o obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web
12/01/2017 19:00
Obxectivo: Este obradoiro ten como obxectivo dar a coñecer diversas ferramentas de xestión e monitorización para as diferentes redes sociais nas que teña presenza a empresa. Estas ferramentas permiten a optimización de recursos e fan máis sinxela e eficiente a execución do plan de redes sociaisda empresa. Analizarase en profundidade a ferramenta Hootsuite, unha das más populares en la gestión unificada de varios perfiles de empresa, ademais de ferramentas específicas con particularidades para cada rede social. Contidos: • Introdución: Necesidade de ferramentas de xestión e as súas características • Ferramenta de xestión unificada: Hootsuite • Funcionalidades • Comeza a utilizar Hootsuite coas túas redes sociais O taller será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levanto mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Evernote: A forma mais intelixente de traballar Con mais de 150 millóns de usuarios Evernote é a ferramenta de produtividade por excelencia. Descubre como centralizar o coñecemento da túa empresa e localizar aos teus expertos, atopar información e compartir co teu equipo nun espazo de traballo para todo o mundo. Obxectivos: Coñecer as funcionalidades de Evernote: -Capturar texto, listas, documentos, tarxetas de visita, fotos, emails, audio, páxinas web, recordatorios, escritura a man. -Axuntar en notas documentos PDF, Word, Excel -Realizar anotacións sobre documentos PDF -Compartir todo iso co teu equipo -Atopalo todo rapidamente -Realizar presentacións cun só click -Desenvolver fluxos de traballo para a túa empresa ou equipo -Descubrir información grazas ao asistente dixital de pescuda -Protexer a información da empresa Contido: -Non volvas a esquecer nada, recorda todo rapidamente -20 segundos para converter unha tarxeta de visita nun contacto en Linkedin -Traballo colaborativo, mantén os proxectos e o traballo do teu equipo nun só lugar -Realiza presentacións cun so click -Constrúe a base de datos de coñecemento da empresa e busca en contexto -Caso práctico: Fluxos de traballo Destinado a: -Profesionais e directivos -Empresarios -Equipos de traballo -Calquera que queira ser mais produtivo no seu traballo Impartido por Alejandro Arce Herrero ECC Consultor Certificado Evernote Socio de Visual Publinet @arcerrero