Eventos

Buscador

    a
Dar a coñecer as vantaxes do comercio electrónico como canle de comercialización dos produtos e servizos. Farase un percorrido a través de todos os aspectos que deben terse en conta para materializar con éxito un negocio online: Plataforma tecnolóxica, deseño e incorporación de información, proceso de venda e márketing dixital. 


O taller será impartido por Anxo  Ansoar, Graduado en Ciencias Empresariais, Máster en Banca e Finanzas e Posgrao en Xestión Empresarial da Innovación, quen actualmente desempeña o seu labor profesional en  KPMG. A súa experiencia centrouse na elaboración de plans de negocio para proxectos innovadores.
O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer ferramentas de retoque como o editor de fotografía Pixlr, gratuíto, que non necesita descargarse e que é de manexo básico e fácil. Subministraranse fotos para converter o fondo a branco puro, borrar imperfeccións ou redimensionalas ao tamaño requirido por Amazon, entre outras ferramentas de edición

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Na actualidade, dado o gran número de competidores grazas á globalización e accesibilidade que permite internet, as empresas necesitan chegar ao consumidor dunha maneira intelixente e emotiva para diferenciarse do resto.  O Márketing de contidos busca atraer e reter aos clientes potenciais ofrecéndolles contido interesante e valioso co que sentan identificados e xeren unha  empatía cara á marca.

O taller céntrase nos aspectos que se deben ter en conta para  postear nun horario adecuado ao cliente, ver de que maneira hai que dirixirse a el ou coidar os detalles de cada publicación para lograr a maior taxa de  engagement posible.
As técnicas que engloban o concepto de " prototipado rápido" permiten obter modelos dos nosos produtos dunha maneira máis rápida a partir de modelos 3D.

Coñeceremos as vantaxes que nos ofrece o  escaneado 3D e aplicacións reais destas técnicas á hora de desenvolver produtos.

O taller será impartido por  Noela Sánchez, enxeñeira técnica en Deseño Industrial con experiencia en técnicas de  escaneado,  fotogrametría e modelado 3D de produtos, arquitectura e recreación de contornas.
Este taller será impartido por Eva Fernández, Grao en Turismo e Posgrao en Dirección e Xestión de Empresas Turísticas, con máis de 15 anos de experiencia no sector en Xestión, Promoción e Comercialización de destinos e empresas turísticas.
Anterior  1 2