Eventos
Eventos
Buscador
20/04/2017 19:00
"Neste obradoiro trataremos de iniciar tanto a autónomos, como pequenos empresarios e a emprendedores nas claves para manter sempre protexidos os seus datos persoais e profesionais nos seus smartphones. Consellos xerais e tamén específicos para os diferentes sistemas operativos para smartphone: Android e iOS. Índice de contidos • Introdución ao concepto de seguridade • Cal é o Sistema Operativo máis seguro Android ou iOS? • Consellos de sentido común para manter seguro • teu smartphone • Aplicacións de seguridade en Android • Aplicacións de seguridade en iOS O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital."
20/04/2017 19:00
"Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio. Índice de contidos • Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces • Termos máis usados no deseño gráfico • Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe. • Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes. • Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual. • Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños. • Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños. • Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa) • Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com) O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web."
"Marcas moi coñecidas teñen conseguido crearse unha identidade propia coas súas fotos destinadas a redes sociais, e outras mais pequenas ou menos coñecidas comezan a seguir unha estratexia entendendo que o esencial nas redes sociais e a imaxe creativa que logre captar a atención dos internautas. Neste taller proporcionarásete as ferramentas e ideas para que traballes as fotos do teu produto ou servizo para as redes sociais. Índice de contidos • A fotografía para comercio electrónico versus a fotografía para redes sociais • Humaniza os teus produtos ou servizos mediante imaxes sinxelas pero vistosas. • Os rostros da túa empresa: A foto corporativa • Como aumentar a conversión do teu negocio a través das fotos que se fan os teus clientes con teus produtos • Práctica O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo."
21/04/2017 19:00
"O obradoiro está orientado a axudar as empresas e autónomos a coñecer os recursos e as ferramentas informáticas máis comúns para a mellora da xestión e funcionamento do seu negocio. Índice de contidos 1.- Os diferentes dispositivos. 2.- Sistemas IOS, Android. 3.- As app’s. 4.- Conectividad Wi-fi y “x”G. 5.- App´s de Movilidad: • Correo electrónico, contactos e calendarios (Gmail, Outlook.com) • Almacenamiento na nube (DropBox, Google Drive, OneDrive) • Google Maps • Google Earth • Google Calender • Google Traductor • Banca Electrónica • Videoconferencia (Facetime, Skype, Hangouts) • Geolocalización • Video vixilancia, cámaras IP • Invoice2Go (facturas dende a nube) • Imprimir dende o móvil • Control Remoto (RDP) (Teamviewer, Logmein) • App’s de pago e gratuitas. O Obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online"
"Este obradoiro ten como obxectivo expoñer as vantaxes dunha eficiente xestión do tempo para mellorar a produtividade laboral, así como poñer a disposición dos asistentes as ferramentas adecuadas para esa xestión do tempo e a organización do traballo. Índice de contidos 1º. Trello •Que é? • Por que utilizalo? • Comezado con Trello 2º. Outros xestores de proxectos e tarefas 3º. TOGGL: Contador de tempo O Obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web."
"Curso básico sobre conceptos de web, enfocado na importancia dunha páxina profesional e os seus beneficios como empresa e o seu correcto posicionamento en internet a través de técnicas gratuítas. Índice de contidos • Conceptos básicos • Dominios, hosting… • Para que podo utilizar un dominio • .com vs. .es e outras extensións • Presenza en internet: • Beneficios • ¿Como o logramos? • SEO • Posicionamento interno • Posicionamento externo • Penalización en motores de procura O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."
25/04/2017 19:00
"Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este taller ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible. Índice de contidos • Introdución a LinkedIn • Como funciona LinkedIn • Optimización de perfil • Xeración de rede de contactos • Creación de páxina de empresas • Recomendacións finais O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."
"Neste obradoiro explicanse as vantaxes da implantación dun xestor documental intelixente Índice de contidos • Que é a xestión documental • Por que dixitalizar documentos. Beneficios • Especificacións • Selados, avisos e notas • Indexación y multiformato • Fluxo de traballo • Dixitalización certificada • Grampado desgrampado, conversores • Importación de estruturas O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital."
25/04/2017 19:00
"Neste taller práctico aprenderás as cuestións básicas da túa cámara para que poidas obter as fotos que ti queres e non as que ela faga por si soa. Coñecerás que tipo de iluminación podes usar para fotografar os produtos e como preparar a foto para subila a redes sociais ou a unha páxina web. Índice de contidos • Introdución • Coñeces a túa cámara? Simulador virtual de cámara. • Equipo necesario: iluminación, fondo, e/ou cubo de luz. • Técnicas de fotografía no sector Moda. • Para a práctica tomar en conta o seguinte: 1º É indispensable o uso dunha cámara digital que teña o modo manual. 2º Cada participante pode traer unha peza, xa sexa roupa (coa súa percha) ou calzado. Si alguén quere levar un maniquí tamén é aceptable. 3º En caso de non dispoñer de cámara digital pódese aceptar o uso do móbil, a condición de que a cámara deste sexa de máis de 10 megapíxeles. E haberse descargado a aplicación Camera Zoon FX (para Android) ou Camera (para iOS). • Edición e preparación da foto para subila a internet. O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo."
26/04/2017 19:00
"Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web. A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas. Índice de contidos • Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web • Como funciona Google Analytics? • Creación dunha conta • Creación e instalación do código de seguimento • Conceptos e métricas básicas • Informes estándar ¡Mans á obra! O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web."
Rexistro
Calendario eventos
« | Abril 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
- Programación con Arduino Módulo I - Parte II24 de abril de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento