Eventos
Eventos
Buscador
26/04/2024 12:00
Taller telemático vía Zoom. Se es novo en Instagram ou non entendes moi ben esta rede social, este é o teu obradoiro. Comezaremos en Instagram dende o principio, vendo cada unha das opcións que nos ofrece a nivel visual, contidos, tendencias... Índice de contidos: 1. Que é Instagram? 2. Tipos de contas. 3. Explora a túa conta. 4. Optimice o seu perfil. 5. Contidos básicos para o noso IG. 6. Especificacións de cada contido. 7. Interacción. Se aínda non sabes por onde comezar con Instagram para a túa empresa, comeza con esta primeira parte de Instagram para principiantes. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Licenciada Superior en Educación Artística en Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
29/04/2024 10:30
Obradoiro telemático a través de zoom. Iniciamos unha nova serie de talleres de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. “Ciberseguridade, o Phishing”, o obxectivo deste taller é dar a coñecer o Phishing que é a forma máis sinxela de ciberataque e, ao mesmo tempo, a máis perigosa e efectiva por tanto é fundamental coñecelo, saber as distintas formas nas que se pode presentar para poder identificalo con eficacia. Índice de contido - Que é o Phishing. - Tipos de Phishing, - Como protexernos. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
06/05/2024 10:30
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha nova serie de obradiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. "Ciberseguridade, Ransomware e suplantación de identidade", o obxectivo deste taller é dar a coñecer o Ransomware, en que consiste, como afecta. A suplantación de identidade é un tipo de ciberataque que esta crecendo en en popularidade e adopta multiples formas e aprovéitase das distintas circunstancias que se producen en cada territorio. Índice de contido - Que é o Ransomware. - Que é a suplantación de identidade. - Como protexernos O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.
07/05/2024 12:00
Obradoiro telemático vía Zoom. Se es novo en Instagram ou non entendes moi ben esta rede social, este é o teu obradoiro. Despois da primeira parte do taller imos centrarnos en conceptos máis complicados de Instagram que van da man da xeración de contido visual. Índice: 1. Repaso pblicaciones para IG. 2. Como realizar unha publicación (+) 3. Contido de valor 4. Alcance e interacción 5. Obxectivos das publicacións 6. Reels, tendencias e ganchos 7. Ideas de contido a crear 8. Ferramentas para crear contido 9. Medición da interacción. Se non sabes por onde empezar con IG para o teu negocio, seguimos vendo conceptos como o alcance, a interacción, ou ferramentas para xerar contido nesta segunda parte de Instagram para principiante. O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
08/05/2024 10:30
Obradoiro telemático vía Zoom. O obxectivo deste taller é dar a coñecer a importancia de coñecer que son as Cookies, que importancia teñen na navegación por Internet, como poden afectar á nosa privacidade e como poder xestionalas no noso navegador. Índice de contido: -Que son as Cookies e para que serven -Que tipos de Cookies hai -Son todas necesarias? -Como inflúen as Cookies na privacidade. -Como as podo xestionar no navegador. O taller será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguidad Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Rexistro
Calendario eventos
« | Abril 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento