Eventos
Eventos
Buscador
Con 11 millóns de usuarios en España, Twitter en unha gran ferramenta para ampliar a túa rede de contactos e chegar aos teus clientes potenciais, creando una conversa arredor dos teus produtos e servizos, do mesmo modo que o fan as grandes empresas. Neste taller descubriras esta rede social e poderás ter unha visión certeira de se e unha ferramenta adecuada para o teu negocio e como che pode axudar a atraer o teu publico obxectivo. Índice de contidos • Qué e Twitter y cales son as súas utilidades • Creación y configuración da túa conta • Primeiros pasos • Glosario de termos • Estratexia en Twitter para o teu negocio • Twitter Analytics • Casos de éxito O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
09/11/2017 19:00
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas. Índice de contidos • Introdución ao E-mail Marketing • Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing • Deseño en E-mail Marketing • Ferramentas • Recomendacións para crear campañas perfectas O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas
Curso básico sobre conceptos de web, enfocado na importancia dunha páxina profesional e os seus beneficios como empresa e o seu correcto posicionamento en internet a través de técnicas gratuítas. Índice de contidos • Conceptos básicos • Dominios, hosting… • Para que podo utilizar un dominio • .com vs. .es e outras extensións • Presenza en internet: • Beneficios • ¿Como o logramos? • SEO • Posicionamento interno • Posicionamento externo • Penalización en motores de procura O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas. Realizarase en colaboración con AEMPE, impartíndose na Casa das Campás.
13/11/2017 19:00
Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web. A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas. Índice de contidos • Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web • Como funciona Google Analytics? • Creación dunha conta • Creación e instalación do código de seguimento • Conceptos e métricas básicas • Informes estándar ¡Mans á obra! O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
14/11/2017 19:00
Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, preténdese dar unha visión inicial sobra a publicidade de pago no buscador Google. Daranse as claves para realizar unha campaña de éxito tendo en conta parámetros como, por exemplo, efectividade, medición, conversión e optimización. Trátase de accións publicitarias para os que queiran dirixir tráfico á súa páxina web pagando por aparecer nos primeiros lugares do buscador con ligazóns patrocinadas, ou ben noutros portais web, de forma segmentada e dirixida. Índice de contidos • Introdución • Crea a campaña • Grupos de anuncios • Palabras clave • Crea os anuncios • Deseña a páxina web de destino • Establece o orzamento • A poxa • Realiza un seguimento das conversións • Interpreta os datos • Optimiza as campañas O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
14/11/2017 19:00
Neste obradoiro explicarase que é e para que serve un logotipo. Recorreranse as características que debe ter un bo deseño e axustaremos as formas, tipografías e cores segundo o que queremos comunicar da nosa empresa. Aplicarase todo de forma práctica en Canva, onde todos crearán un deseño de logo real. Para isto é necesario ter unha conta creada en www.canva.com , ferramenta online e gratuíta de deseño. Índice de contidos • Que é, que importancia ten e que representa un logo. • Características principais que debe ter. • Analizar antes de deseñar. • Que tipografías y cores escoller. • Práctica, deseño de logotipo con canva. • Consellos finais. O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
15/11/2017 19:00
Neste taller veremos como integrar o vídeo na túa estratexia de marketing online, recomendacións para realizar vídeos que provoquen engagement entre a túa audiencia e cales son as redes sociais (YouTube, Periscope, Facebook...) que che facilitaran a tarefa de difundilos. Índice de contidos • Vídeo marketing y razóns polas que incluílo na túa estratexia • Youtube • Periscope • Vídeo noutras redes sociais: Facebook, etc. • Aspectos técnicos e estéticos para a realización de vídeos O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
15/11/2017 19:00
Neste obradoiro trataranse de mostrar os pasos técnicos necesarios para dispor dun espazo web propio en internet que nos proporcione unha imaxe de empresa, marca ou produto coa que identificarnos e diferenciarnos. Será “a nosa casa” na rede, onde usuarios e clientes poderán atopar os nosos datos de contacto e información de interese sobre os produtos e servizos que ofrecemos. Índice de contidos • Diferenciemos o que é a web e o que é internet • A túa dirección web será a túa marca, escolle ben! • Non te enlees coas páxinas web, dedícate a crear os contidos • Teño un nome, sei quen son: ó choio! Exemplo de ferramenta coa que poder montar a túa web en 50 minutos • E, finalmente, como darnos a coñecer na rede O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
O obxectivo desde obradoiro é mostrar as claves para a realización de fotos que comuniquen e inviten á experiencia, aprender cales son eses elementos da composición visual que te axudaran a facer fotografías que transmitan a esencia do teu establecemento turístico e do espazo rural que o rodea. Índice de contidos • A clave esta en comunicar • É o equipo un factor determinante a hora de acadar fotografías atractivas? • Cales son os elementos básicos que se requiren para fotografía co SmartPhone? • Antes de disparar ha de saberse mirar. • A regra dos terzos • Que se precisa para gravar un vídeo? • Softwares mais empregados para crear presentacións con fotos e vídeos • Conclusións O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
16/11/2017 19:00
Taller dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a súa propia tenda online dunha maneira sinxela á vez que potente. Baseado no xestor de contidos Woocommerce, este taller intégrase nun itinerario formativo de comercio electrónico que ten a súa continuación co módulo 2 do devandito taller. Debido a que o taller partirá da asunción de certos coñecementos informáticos básicos por parte do asistente considérase que teñen un nivel medio de dificultade. Índice de contidos • Xestores de tendas online: Prestashop, Magento, WooCommerce • Elixir un entorno de aloxamento rápido e seguro • Instalación de Woocommerce • Elixir o tema adecuado para a tua web • Métodos de pago e métodos de entrega • Engadir categorías e productos O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce
Rexistro
Calendario eventos
« | Abril 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
- Ciberseguridade, que é o malware22 de abril de 2024 10:30Máis información
- Programación con Arduino Módulo I - Parte II24 de abril de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento