Eventos
Eventos
Buscador
12/09/2017 19:00
O obradoiro está orientado a axudar as empresas e autónomos a coñecer os recursos e as ferramentas informáticas máis comúns para a mellora da xestión e funcionamento do seu negocio. Índice de contidos 1.- Os diferentes dispositivos. 2.- Sistemas IOS, Android. 3.- As app’s. 4.- Conectividad Wi-fi y “x”G. 5.- App´s de Movilidad: • Correo electrónico, contactos e calendarios (Gmail, Outlook.com) • Almacenamiento na nube (DropBox, Google Drive, OneDrive) • Google Maps • Google Earth • Google Calender • Google Traductor • Banca Electrónica • Videoconferencia (Facetime, Skype, Hangouts) • Geolocalización • Video vixilancia, cámaras IP • Invoice2Go (facturas dende a nube) • Imprimir dende o móvil • Control Remoto (RDP) (Teamviewer, Logmein) • App’s de pago e gratuitas. O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
12/09/2017 19:00
Este obradoiro está dirixido a empresarios e empresarias de pequenas e medianas empresas, persoas emprendedoras e autónomos, que desexen aprender a empregar as ferramentas necesarias para crear o seu primeiro sitio web e profundar no mundo do deseño, desenvolvemento e xestión dunha web co CMS Wordpress. Índice de contenidos • Instalación de WordPress. • Administración da web. • Configuración básica. • Manexo dos temas. • Engadir entradas ó blog. • Engadir páxinas á web. • Xestión de menús. • Xestión de plugins. • Xestión de widgets. • Xestionar comentarios. O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
12/09/2017 19:00
De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma. Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. Índice de contidos • Introdución a Instagram • Por que a miña empresa debería estar en Instagram? • O perfil de empresa en Instagram • Estratexia de contidos • Marcas nas que inspirarte O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce
13/09/2017 19:00
Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio. Índice de contidos • Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces • Termos máis usados no deseño gráfico • Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe. • Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes. • Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual. • Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños. • Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños. • Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa) • Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com) O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
13/09/2017 19:00
Este obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que promover a empresa como imaxe de marca, así como os seus produtos ou servizos. Valoraremos ferramentas que lles facilitan ós seus clientes actuais e futuros un acceso rápido á información sobre a nosa empresa, os seus produtos, servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. Índice de contidos • Introdución: mercadotecnia dixital • Mercadotecnia sectorial • Mercadotecnia viral • E-mail marketing • Publicidade O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
13/09/2017 19:00
Neste obradoiro trataranse de mostrar os pasos técnicos necesarios para dispor dun espazo web propio en internet que nos proporcione unha imaxe de empresa, marca ou produto coa que identificarnos e diferenciarnos. Será “a nosa casa” na rede, onde usuarios e clientes poderán atopar os nosos datos de contacto e información de interese sobre os produtos e servizos que ofrecemos. Índice de contidos • Diferenciemos o que é a web e o que é internet • A túa dirección web será a túa marca, escolle ben! • Non te enlees coas páxinas web, dedícate a crear os contidos • Teño un nome, sei quen son: ó choio! Exemplo de ferramenta coa que poder montar a túa web en 50 minutos • E, finalmente, como darnos a coñecer na rede O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con mais de 14 anos de experiencia na implantación TIC nas empresas.
Este obradoiro ten como obxectivo mostrar a importancia e as distintas vantaxes de ter seguidores no noso perfil profesional. En consonancia con isto, a idea é achegar o necesario para que os asistentes manexen as técnicas básicas, mostrando exemplos que lles permitan ver como se plasman na práctica estas técnicas, para que a continuación traballen sobre eles. Índice de contidos • Importancia dunha imaxe de marca en internet • Factores para mellorar a túa presenza en liña, tipos de contidos (imaxes, infografías, vídeos, artigos, presentacións) • Introdución ás redes sociais. • Técnicas especializadas para aumentar seguidores • Imaxe e reputación en internet • Ferramentas do día a día • Publicidade en redes sociais O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
15/09/2017 19:00
O obxectivo deste taller e proporcionar a autónomos emprendedores e pequenas empresas guías e solucións para que poidan mellorar significativamente a seguridade dos seus equipos informáticos dándolles un uso adecuado. O taller esta orientado a empleados de pequenas empresas, emprendedores e autónomos con coñecementos básicos de informática, coa intención de fomentar unha cultura de Seguridade Informática adecuada. Índice de contidos 1º Seguridade informática • Principios da seguridade informática: confidencialidade, integridade e dispoñibilidade • Protección de usuarios equipos e datos • Copias de seguridade: estratexias e planificación • Boas practicas e consellos • Caixa de ferramentas 2º Seguridade na rede • Que é un hacker? Tipos de hackers que debes coñecer • Perigos na rede: Tipos de malware infeccioso, malware oculto e malware para obter beneficio • Correos electrónicos: problemáticas e perigos • Boas practicas e consellos • Caixa de ferramentas 3º Seguridade nas comunicacións • Identidades na rede • Autenticación, claves e contrasinais • Perigos nas comunicacións: redes sociais, chats, cámara web, fotografías • Boas practicas e consellos • Caixa de ferramentas O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Este obradoiro ten como principal obxectivo orientas a pymes e autónomos na adopción das súas primeiras ferramentas para a xestión dos procesos de facturación, relación con provedores e procesos da empresa. Durante o obradoiro, explicarase en que consiste cada unha de estas ferramentas, e falarase de varias posibilidades gratuítas para autónomos e micropemes. Índice de contidos • Necesidades de autónomos e micropemes • Definicións • Ferramentas gratuítas • Caso practico O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
18/09/2017 19:00
O taller está dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que xestionan a súa actividade cunha folla de cálculo. Neste taller aprenderán formas sinxelas de relacionar a información das operacións diarias cos stock de mercadoría, mediante un exemplo práctico que tan só usa 9 fórmulas. Ademais poderás interpretar a marcha do teu negocio utilizando táboas e gráficos dinámicos. O taller está concibido para nivel inicial e intermedio. Índice de contidos A importancia da xestión das operacións Uso de persoais en follas de cálculo Deconstrución do noso exemplo Análise dos resultados Plataformas de follas de cálculo alternativas O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con mais de 14 anos de experiencia na implantación TIC nas empresas.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xuño 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- O teu plan de márketing dixital paso a paso12 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Así funciona WhatsApp Business20 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RRSS25 de xuño de 2024 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento