Eventos
Eventos
Buscador
O taller será impartido por Anxo Ansoar, Graduado en Ciencias Empresariais, Máster en Banca e Finanzas e Posgrao en Xestión Empresarial da Innovación, quen actualmente desempeña o seu labor profesional en KPMG. A súa experiencia centrouse na elaboración de plans de negocio para proxectos innovadores.
Dar a coñecer as vantaxes do comercio electrónico como canle de comercialización dos produtos e servizos. Farase un percorrido a través de todos os aspectos que deben terse en conta para materializar con éxito un negocio online: Plataforma tecnolóxica, deseño e incorporación de información, proceso de venda e márketing dixital.
28/06/2018 15:00
O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer ferramentas de retoque como o editor de fotografía Pixlr, gratuíto, que non necesita descargarse e que é de manexo básico e fácil. Subministraranse fotos para converter o fondo a branco puro, borrar imperfeccións ou redimensionalas ao tamaño requirido por Amazon, entre outras ferramentas de edición O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
28/06/2018 16:30
Na actualidade, dado o gran número de competidores grazas á globalización e accesibilidade que permite internet, as empresas necesitan chegar ao consumidor dunha maneira intelixente e emotiva para diferenciarse do resto. O Márketing de contidos busca atraer e reter aos clientes potenciais ofrecéndolles contido interesante e valioso co que sentan identificados e xeren unha empatía cara á marca. O taller céntrase nos aspectos que se deben ter en conta para postear nun horario adecuado ao cliente, ver de que maneira hai que dirixirse a el ou coidar os detalles de cada publicación para lograr a maior taxa de engagement posible.
28/06/2018 17:00
As técnicas que engloban o concepto de " prototipado rápido" permiten obter modelos dos nosos produtos dunha maneira máis rápida a partir de modelos 3D. Coñeceremos as vantaxes que nos ofrece o escaneado 3D e aplicacións reais destas técnicas á hora de desenvolver produtos. O taller será impartido por Noela Sánchez, enxeñeira técnica en Deseño Industrial con experiencia en técnicas de escaneado, fotogrametría e modelado 3D de produtos, arquitectura e recreación de contornas.
28/06/2018 18:00
Este taller será impartido por Eva Fernández, Grao en Turismo e Posgrao en Dirección e Xestión de Empresas Turísticas, con máis de 15 anos de experiencia no sector en Xestión, Promoción e Comercialización de destinos e empresas turísticas.
Rexistro
Calendario eventos
« | Abril 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
- Ciberseguridade, que é o malware22 de abril de 2024 10:30Máis información
- Programación con Arduino Módulo I - Parte II24 de abril de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento