Eventos

Buscador

    a
Índice de contidos


Este obradoiro será impartido por Belén Quintana, técnico de márketing e comunicación con experiencia asesorando a diversas empresas en márketing dixital, xestión de redes sociais e comunicación.
Este obradoiro ten por obxectivos expor as vantaxes dunha xestión eficaz do tempo de cara a mellora da produtividade laboral, así como dar a coñecer as ferramentas adecuadas para esa xestión do tempo e a organización do traballo.

Índice de contidos
Contido:
1º Trello
• Que é?
• Por que empregalo?
• Comezando con Trello
2º Outros xestores de proxectos e tarefas
3º TOGGL: Contador de tempo

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Marcas moi coñecidas teñen conseguido crearse unha identidade propia coas súas fotos destinadas a redes sociais, e outras mais pequenas ou menos coñecidas comezan a seguir unha estratexia entendendo que o esencial nas redes sociais e a imaxe creativa que logre captar a atención dos internautas. Neste taller proporcionarásete as ferramentas e ideas para que traballes as fotos do teu produto ou servizo para as redes sociais.

Índice de contidos
•     A fotografía para comercio electrónico versus a fotografía para redes sociais
•    Humaniza os teus produtos ou servizos mediante imaxes sinxelas pero vistosas.
•    Os rostros da túa empresa: A foto corporativa
•    Como aumentar a conversión do teu negocio a través das fotos que se fan os teus clientes con teus produtos
•    Práctica

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Índice de contidos

O obradoiro será impartido por José Luis Peñas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.

Queres presentar de forma efectiva o teu proxecto en tan só 5  min?
Tes tan só 5  min e tes que namorar á audiencia, non terás unha segunda oportunidade para crear unha boa primeira impresión , no taller aprenderás a traballar os 3 bloques craves para que che salga unha presentación espectacular.

Índice de contidos:

Bloque 1. Presentación visual
Bo deseño de diapositivas
Coñecer a materia
Empezar e acabar con forza
Coherencia e control do tempo
Repeticións de palabras crave

Bloque 2. Presentación corporal
Conectar coa audiencia
Movemento ,o adecuado
Ritmo adecuado
Interacción coa audiencia
Control da voz
Vestimenta acorde

Bloque 3. Estuda o recinto
Coñece ao teu público
Comproba os medios
Xestiona o tempo
Comproba a contorna
Palabras descoñecidas
Nesta segunda parte do obradoiro, trataranse todos os temas relacionados co uso de drons no sector das inmobiliarias.  Abordarase contidos relacionados coa fotografía aérea con drons así como o vídeo aéreo, realizado tamén a través de drons.

Índice de contidos:
A chegada dos Drons.
Aplicacións xerais dos Drons.
Requisitos legais para traballar con Drons.
Fotografía aérea con drons para inmobiliarias.
Vídeo aéreo con drons, no sector inmobiliario.
Resumo.

O obradoiro será impartido por Rubén Lázaro quen, desde o 2009, leva a cabo a realización de programas de TV. Actualmente, tamén se dedica á imaxe aérea con drone, gravación, operador Ronin e creación de contidos 360ª. Máis información dispoñible en vdevideo. com.
Este obradoiro ten como obxectivo mostrar a importancia e as distintas vantaxes de ter seguidores no noso perfil profesional. En consonancia con isto, a idea é achegar o necesario para que os asistentes manexen as técnicas básicas, mostrando exemplos que lles permitan ver como se plasman na práctica estas técnicas, para que a continuación traballen sobre eles.

Índice de contidos
• Importancia dunha imaxe de marca en internet
• Factores para mellorar a túa presenza en liña, tipos de contidos (imaxes, infografías, vídeos, artigos, presentacións)
• Introdución ás redes sociais.
• Técnicas especializadas para aumentar seguidores
• Imaxe e reputación en internet
• Ferramentas do día a día
• Publicidade en redes sociais

Este obradoiro será impartido por Belén Quintana, técnico de márketing e comunicación con experiencia asesorando a diversas empresas en márketing dixital, xestión de redes sociais e comunicación.
Índice de contidos

O obradoiro será impartido por Eva Fernández, Grao en Turismo e Posgrao en Dirección e Xestión de Empresas Turísticas, con máis de 15 anos de experiencia no sector en Xestión, Promoción e Comercialización de destinos e empresas turísticas
Este obradoiro está dirixido a analizar que tipo de modelo 3d preciso segundo o que queira representar e a súa finalidade; aspectos fundamentais que determinarán o como obter ese modelo.

Verase as diferentes tipoloxías de modelos 3d; a utilidade ou aplicacións dos modelos 3d para os nosos negocios; e as características dos modelos que debemos ter en conta segundo a súa finalidade.

O obradoiro o impartirá Sabela Muñiz Pérez, creativa multidisciplinar (Alobre 3d) e apasionada das novas tecnoloxías, a innovación e o deseño. Colaboradora en proxectos de economía creativa, social e colaborativa, con formación en Deseño de Interiores (EASD Ramón Falcón) e Restauración de Bens Culturais (ESCRBBCC de Galicia), especializada en Virtualización do Patrimonio (Univ. Alicante).

Neste obradoiro aprenderemos a planificar a nosa axenda e a dos nosos empregados desde esta aplicación na nube, sincronizando Google Calendar nos nosos dispositivos móbiles coa nosa axenda de contactos en Google. 
Podemos crear múltiples calendarios compartidos entre os diferentes usuarios da organización ou externos e organizar as citas cos nosos clientes ou provedores convidándoos a diferentes eventos, ós que nos darán a súa previa aceptación.

Índice de contidos
• Planificación das miñas tarefas e reunións
• Creación e xestión de calendarios compartidos cos nosos empregados ou de perfís distintos dentro da empresa
• Invitación a reunións e citas cos nosos clientes ou provedores esixindo a súa aceptación
• Conexión coa axenda de contactos
• Sincronización cos dispositivos móbiles

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Anterior  1 2 3  4 5 6  Seguinte

Calendario eventos

« Abril 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30