Eventos

Buscador

    a
As redes sociais son unha vía de difusión de contidos cada vez máis necesaria para o noso negocio. Pero para coñecer se estamos a levar a cabo unha estratexia adecuada nelas é necesario analizar os datos que nos proporcionan: Para saber se aumentaron os nosos seguidores, que publicacións teñen un mellor rendemento ou en que momento é mellor publicar, debemos recorrer á analítica cuantitativa e á interpretación cualitativa de cada un dos datos obtidos.
Neste obradoiro aprenderemos a coñecer, localizar e interpretar as estatísticas das redes sociais máis populares para determinar se as estamos utilizando adecuadamente no noso plan de márketing.  

Índice de contidos

1. Introdución á analítica en Redes Sociais 
2. Obxectivos e métricas máis importantes
3. Análise por rede social
3.1. Facebook
3.2.  Instagram
3.3. Twitter
3.4.  Linkedin
4. Ferramentas de analítica

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
O obradoiro está orientado a axudar as empresas e autónomos a coñecer os recursos e as ferramentas informáticas máis comúns para a mellora da xestión e funcionamento do seu negocio.

Índice de contidos

• Introdución
• Ofimática: procesador de textos, follas de cálculo, etc.
• Backup e seguridade: antivirus e copias de seguridade
• Comunicación: correo electrónico e mensaxería móbil
• Oficina remota

O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas.
Este obradoiro ten como obxectivo mostrar as comodidades e vantaxes da factura electrónica que xa é unha alternativa legal á factura tradicional en papel. Ao ser en formato electrónico, permítenos automatizar o proceso de facturación facilmente, o que nos vai a economizar e axilizar a xestión, mellorando incluso o proceso de cobro. Permitiranos economizar: tempo, papel, espazo de almacenamento, etc.; aumentando a competitividade da nosa empresa, dando unha mellor imaxe e servizo aos nosos clientes.

Índice de contidos

• Que é unha factura electrónica?
• Normativa da factura electrónica.
• Novidades 2015: Administración Pública e actividade privada.
• Obrigacións do emisor dunha factura electrónica.
• Obrigacións do receptor dunha factura electrónica.
• Vantaxes da facturación electrónica.
• Que formato débese usar para a factura electrónica?
• Xerando unha factura electrónica.
• Preguntas frecuentes sobre a factura electrónica.

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro no que coñeceremos en profundidade  Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media.

Índice de contidos

• Introdución
• Como crear unha conta en  Pinterest
• Primeiros pasos
• Taboleiros
• Que é e como se engade un  pin?
•  Pinterest para negocios
• Recomendacións

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste taller daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio.

Índice de contidos

Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais?
Uso persoal vs. uso profesional
Aspectos a ter en conta
Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas

O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
O obradoiro vai dirixido a todos aqueles emprendedores e empresarios que necesiten modernizar o modo nos que se comunican os seus traballadores, tendo sempre en conta que a comunicación en tempo real permite tanto a innovación, como a competitividade. Coa velocidade de desenvolvemento vertixinosa de hoxe en día, é necesario simplificar a comunicación e apostar por unha organización accesible a todos. Coñeceremos unha ferramenta moi útil e versátil como " SLack" para poder levar a cabo todas estas ideas.  

Índice de contidos

1. Traballo en equipo.
2. Simplificación da comunicación.
3. Procura da información.
4. Optimización de fluxos de traballo.
5. Exemplo práctico.  Slack.

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Anterior  1 2 3 4