Eventos

Buscador

    a
Internet abriu unha nova vía de oportunidades á hora de promocionar un negocio ou produto en formato audiovisual. As páxinas web así como as redes sociais están cheos de vídeos promocionais de produtos ou servizos que se ofertan. Todo iso, fai que sexa necesario coñecer os programas que nos permitan editar este tipo de vídeos e, desta forma, poder sacarlle o maior proveito. 

Índice de contidos

Características xerais do programa e onde descargalo:
- Ferramentas xerais
- Pistas
- Agregar Imaxes, vídeos, son
- Creación de títulos, subtítulos
- Efectos
- Transicións
- Liñas de tempos
Creación de vídeos a partir de distintas imaxes.
Conversión de vídeos en distintos formatos.

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital 
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar como organizar noso e- commerce a través da configuración das categorías, produtos, loxística e métodos de pago. Tamén veremos como configurar a nosa tenda a través dos pedidos e clientes.

Índice de contidos
• Categorías
• Produtos
• Loxística
• Métodos de pago
• Tenda configurada: Xestión de Pedidos e de Clientes
• Recursos WEB

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
"Obradoiro dirixido a pemes e autónomos, que tratará de amosar o uso do comercio electrónico dende a plataforma Prestashop. Poderemos ver aqueles aspectos máis relevantes do comercio electrónico á hora de crear a nosa tenda online, además do proceso de instalación da plataforma.

Índice de contidos
• Introdución
• Aspectos a ter en conta nunha tenda online
• Prestashop: concepto e proceso de intalación
• Instalación dunha plantilla
• Personalización dunha plantilla
• Recursos web

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."
"Aprender a sacarlle partido á cámara do teu teléfono intelixente a través de aplicacións cunha interface moi sinxela baseadas en Android ou en iOS, de maneira que poidas mellorar as túas fotos antes e despois da captura para posteriormente compartilas nas túas redes sociais, coa finalidade de facer actualizacións máis frecuentes, manter o interese do usuariado que te segue y, o máis importante, aforrar tempo, recursos e esforzo.

Índice de contidos
•   Utilizar o teléfono como cámara fotográfica
•   Accesorios
•   Cales son as aplicacións de realización e edición de fotos mellor valoradas polos internautas?
•   Coñezamos a interface de las aplicacións
•   Práctica
•   Resolución de dúbidas ou inquietudes

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo."
Formar pemes e autónomos no manexo do certificado dixital, os seus diferentes tipos e para que serven. Abordarase desde un punto de vista práctico, enfocando cales son as vantaxes que lles ofrece ós usuarios a implantación destes sistemas e como activalos.

Índice de contidos
• Introdución
• Que é o certificado digital?
• Vantaxes do certificado dixital
• O cifrado
• Servizos ofrecidos
• Tipos de certificado

O obradoiro será impartido por José Luis Peñas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.

Na actualidade, dado o gran número de competidores grazas á globalización e accesibilidade que permite internet, as empresas necesitan chegar ao consumidor dunha maneira intelixente e emotiva para diferenciarse do resto.  O Márketing de contidos busca atraer e reter aos clientes potenciais ofrecéndolles contido interesante e valioso co que sentan identificados e xeren unha  empatía cara á marca.

O taller céntrase nos aspectos que se deben ter en conta para  postear nun horario adecuado ao cliente, ver de que maneira hai que dirixirse a el ou coidar os detalles de cada publicación para lograr a maior taxa de  engagement posible.

Índice de contidos
Que é o márketing de contidos?
Vantaxes de realizar unha estratexia baseada no márketing de contidos
Formatos e horarios óptimos
A importancia de ter un  timming mensual
Conclusións""

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de amosar os beneficios que reporta contar cunha ferramenta  CRM como parte fundamental dunha estratexia de vendas. A xestión da relación cos clientes ( CRM) ofrece múltiples beneficios ás organizacións, permitíndolles xestionar o seu compromiso continuo e a interacción con clientes, clientes potenciais e socios estratéxicos.

Índice de contidos
• Introdución
• Concepto de  CRM
• Características 
• Obxectivos 
• Evolución 
• Tipos de  CRM
• Futuro 
• Arquitectura 
• Exemplo de  CRM
• Conclusión

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Neste obradoiro móstranse as pautas para retocar as imaxes para páxina web e redes sociais desde o  teléfono móbil . Ademais veremos como mellorar o momento da captura da imaxe para ter arquivos de maior calidade no retoque.

Usaranse ferramentas gratuítas dispoñibles para  iOs e  Android:   SnapSeed e  Polarr  Photo Editor. 

É necesario telas instaladas previamente para poder realizar as prácticas deste obradoiro.

Índice de contidos
• Introdución:  débese retocar?
• Axudemos ao noso móbil para conseguir un bo arquivo para retocar.
• Práctica: Fotografar un bodegón co móbil.
•  SnapSeed : Ver o histograma e entendelo.
• Axustar a imaxe valorando o histograma ( luz, contraste , sombras..)
• Transformar a imaxe ( cortar, dar relación de aspecto e rotar )
• Corrección de imperfeccións coa ferramenta  tirita.
• Edición puntual , o segredo dun bo retoque.
• Gardar arquivo  editable e arquivo final.
•  Polarr  Photo Editor : exportar a un tamaño preestablecido e engadir marca de auga nas nosas fotografías. 

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Neste obradoiro aproximarémonos ao mundo do IoT. Describiremos que é, cales son as súas características e os elementos que interveñen. Co fin de aproximar esta tecnoloxía aos usuarios, farase unha pequena demostración.

Índice de contidos: 

-	Que é  IoT?
-	Manifesto  IoT de Arduino.
-	Elementos que interveñen en IoT.
-	As tres preguntas para calquera proxecto  IoT.
-	Pequena demostración práctica.

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Co novo Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD), aplicable a partir do próximo día 25 de maio, introducíronse importantes cambios no que ao modelo de protección de datos respecta en Europa. Non só modifica algúns dos aspectos do réxime actual, senón tamén contén novas obrigacións de ineludible cumprimento por todas as empresas.

Ademais, para a aplicación desta nova norma, en cada un dos estados membro requírese de normativa interna que defina certos aspectos. No que a España respecta, esta lei aínda está a ser tramitada, polo que nos rexeremos, ata a súa aprobación, pola Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal e este regulamento europeo. 

Por este motivo, neste taller trataranse todos estes novos temas, explicando as principais novidades introducidas pola devandita norma e dando respostas ás posibles dúbidas e preguntas que os emprendedores e empresarios teñan respecto diso. 

O obradoiro será unha retransmisión en vivo do obradoiro impartido en Pontevedra.

O taller será impartido por Jesús María  Lozoya Pérez, socio de  Lozoya e Torres, Avogados,  S. C. P. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Dereito das Telecomunicacións pola Universidade Pontificia de Comiñas ( ICAI- ICADE). Relator en cursos e xornadas sobre protección de datos persoais e dereito das TIC.
Anterior  1 2  3 4 5  Seguinte