Eventos

Buscador

    a
Este obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que promover a empresa como imaxe de marca, así como os seus produtos ou servizos. Valoraremos ferramentas que lles facilitan ós seus clientes actuais e futuros un acceso rápido á información sobre a nosa empresa, os seus produtos, servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. 	

Índice de contidos

• Introdución: mercadotecnia dixital
• Mercadotecnia sectorial
• Mercadotecnia viral
• E-mail marketing
• Publicidade	

O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
Neste obradoiro veremos as peculiaridades técnicas e  compositivas á hora de gravar e montar vídeo cun teléfono ou  tablet. Saber onde esta o micrófono, como debemos soster o terminal ou como manter limpa a lente son aspectos que poden facernos gañar calidade aos nosos vídeos. 

No ámbito creativo repasaremos as principios básicos da regra dos terzos e o polémico plano vertical en vídeo para redes sociais. Todo se plasmará de forma práctica coa  app gratuíta  FILMORA, dispoñible para  IOS e  Android. (é recomendable ter a aplicación instalada para o curso).	

Índice de contidos

• Peculiaridades dun móbil para gravar vídeo.
• Encadre e regra dos terzos.
• Formato panorámico ou vertical ?
• Facer  clips de vídeo.
• Práctica , gravación e montaxe en  Filmora.

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas.	

Índice de contidos

• Introdución ao E-mail Marketing
• Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing
• Deseño en E-mail Marketing
• Ferramentas
• Recomendacións para crear campañas perfectas
O taller está dirixido a todas aquelas persoas que teñen páxina web ou que van crear unha nova. Explicarase o funcionamento da comunicación coa páxina web, só os aspectos máis básicos para poder entender os posibles perigos. Resaltaremos a importancia de ter unha certificado web instalado para evitar suplantacións de identidade da páxina web, sobre todo, se esta ten comercio electrónico. Informaremos sobre as penalizacións futuras no SEO, que aplicará Google, se a nosa páxina web non é segura e veremos algúns exemplos de certificados web. 

Dado que o taller está relacionado con aspectos de seguridade e estes, ás veces, necesitan dunha instalación e configuración personalizada, vemos que o taller está orientado a un usuario cun nivel intermedio-alto de coñecementos informáticos.	

Índice de contidos

• Conceptos básicos de navegación Web.
• Algúns perigos nas comunicacións Web.
• Poñendo remedio á suplantación e a ataques MIM.
• Na práctica.
• Exemplos.

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Neste obradoiro veremos como integrar o vídeo na túa estratexia de marketing online, recomendacións para realizar vídeos que provoquen engagement entre a túa audiencia e cales son as redes sociais (YouTube, Periscope, Facebook...) que che facilitaran a tarefa de difundilos.	

Índice de contidos

•  Vídeo marketing y razóns polas que incluílo na túa estratexia
•  Youtube
•  Periscope
•  Vídeo noutras redes sociais: Facebook, etc.
•  Aspectos técnicos e estéticos para a realización de vídeos

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro no que coñeceremos en profundidade  Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media.	

Índice de contidos

• Introdución
• Como crear unha conta en  Pinterest
• Primeiros pasos
• Taboleiros
• Que é e como se engade un  pin?
•  Pinterest para negocios
• Recomendacións

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google  Data  Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google, como Google  Analitics, Google  AdWords, ou  Youtube  Analitics; e outras plataformas e formatos externas, como documentos Excel, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, ademais de colleitar todos os datos necesarios, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos con compañeiros en tempo real e envialos vía email aos teus clientes.	

Índice de contidos

• Que é Google Data  Studio?
• Primeiros pasos para configurar Google Data  Studio
• Coñecendo  o editor de Google Data  Studio
• Crear informes a partir dun persoal
• Crear informes personalizados desde cero
• Sacar informes en PDF
• Limitacións de Google Data  Studio

O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas.
Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, preténdese dar unha visión inicial sobra a publicidade de pago no buscador Google. Daranse as claves para realizar unha campaña de éxito tendo en conta parámetros como, por exemplo, efectividade, medición, conversión e optimización. 

Trátase de accións publicitarias para os que queiran dirixir tráfico á súa páxina web pagando por aparecer nos primeiros lugares do buscador con ligazóns patrocinadas, ou ben noutros portais web, de forma segmentada e dirixida.	

Índice de contidos

• Introdución
• Crea a campaña
• Grupos de anuncios
• Palabras clave
• Crea os anuncios
• Deseña a páxina web de destino
• Establece o orzamento
• A poxa 
• Realiza un seguimento das conversións
• Interpreta os datos
• Optimiza as campañas

O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. 

Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este taller ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible.

Índice de contidos

•  Introdución a LinkedIn
•  Como funciona LinkedIn
•  Optimización de perfil
•  Xeración de rede de contactos
•  Creación de páxina de empresas
•  Recomendacións finais
Con este obradoiro preténdese informar as empresas da importancia que ten hoxe en día o comercio electrónico e darlles a coñecer as vantaxes que ofrece esta ferramenta. Traballarase o deseño e a estratexia que deberá ter a nosa tenda en liña para xerar bos resultados.

Índice de contidos

1º  Que é o comercio electrónico?
2º Vantaxes da venda en liña
4º  Elementos básicos da nosa tenda
5º  Plataforma Prestashop e Wordpress para o deseño da nosa tenda:
• Personalizando a nosa tenda
• O catálogo de produtos
• Rexistro e área de usuario
• Carriño da compra

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Anterior  1 2 3  4  Seguinte