Eventos

Buscador

    a
Este obradoiro ten como obxectivo amosar como crear e xestionar unha páxina profesional en Facebook desde cero. Dirixido a profesionais que non dispoñen de fan page e/ou que empregan un perfil persoal en vez dunha páxina de empresa.

Índice de contidos
• Que é Facebook? 
• Como facer un uso profesional de Facebook
• Perfil, grupos e páxinas de Facebook. Diferenzas e utilidades
• Crear unha páxina en Facebook
• Configuración e xestión da nosa páxina
• Crear público, crear publicacións, crear fitos e ofertas e crear eventos.
• Ferramentas de publicación e estatísticas

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Obradoiro pensado para aprender a realizar fotografías de mellor calidade visual para potenciar a visibilidade dos produtos nas redes sociais e no comercio en liña en xeral. Deste modo o teu escaparate virtual atraerá máis seguidores e clientes potenciais. 
A fotografía non ten que ser difícil. Tes unha tenda en liña? Un sitio web sobre arte ou artesanía? Tes unha páxina dun restaurante cun blog culinario? Este é un obradoiro básico dirixido a principiantes (non profesionais) que queren facer mellores fotos no seu propio local comercial, estudio, casa, etc.

Índice de contidos
• Coñecer cal é o equipo necesario, tipos de cámaras, entre outras ferramentas e insumos que se poden adquirir para facer mellores fotos
• Fotografía básica
• Facer un estudio fotográfico de baixo custo
• Escoller o mellor fondo
• Cómo se deben preparar os produtos antes, durante e despois da sesión
• Formas de fotografar roupa, calzado, gastronomía, entre outros produtos de interese (previa solicitude dos participantes)
• Resolución de dúbidas ou inquietudes

O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.