Eventos
Eventos
Buscador
19/04/2018 11:00
Este taller correspóndese coa segunda parte dunha serie de talleres nos cales se pretende profundar e ampliar os coñecementos acerca da placa de Arduino, placa impresa cos compoñentes necesarios para que funcione un microcontrolador e a súa comunicación co ordenador. Daranse os primeiros pasos no desenvolvimiento de proxectos, a utilización de sensores e mostraranse as posibilidades que ofrece para a construción de dispositivos dixitais. Por último, comunicarlles que para o desenvolvemento do mesmo será necesario acudir cun ordenador. Índide de contidos - O LED Como funciona?Que tipo de dispositivo é? - O LDR Como funciona?Que tipo de dispositivo é? - A Variables (Tipos e Declaracións) - Os Condicionais (Se, Entón, etc...) - Proxectos O taller será impartido por Fernando A. Coadas, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, formador técnico en novas tecnoloxías con máis de 22 anos de experiencia profesional.
19/04/2018 13:00

Analizaremos algunhas medidas para facilitar ao cliente final de turismo interior/rural/natureza o proceso de información e compra dun servizo no teu establecemento desde a túa web e/ou con plataformas de venda online, incrementando así o teu potencial de promoción, distribución e venda. Índice de contidos • Internet e posicionamento web • Plan de social media. • Plataformas de comercialización on- line. O obradoiro será impartido por Eva Fernández, Grao en Turismo e Posgrao en Dirección e Xestión de Empresas Turísticas, con máis de 15 anos de experiencia no sector en Xestión, Promoción e Comercialización de destinos e empresas turísticas.
19/04/2018 19:00
Neste obradoiro móstranse as pautas para retocar as imaxes para páxina web e redes sociais desde o teléfono móbil . Ademais veremos como mellorar o momento da captura da imaxe para ter arquivos de maior calidade no retoque. Usaranse ferramentas gratuítas dispoñibles para iOs e Android: SnapSeed e Polarr Photo Editor. É necesario telas instaladas previamente para poder realizar as prácticas deste obradoiro. Índice de contidos • Introdución: débese retocar? • Axudemos ao noso móbil para conseguir un bo arquivo para retocar. • Práctica: Fotografar un bodegón co móbil. • SnapSeed : Ver o histograma e entendelo. • Axustar a imaxe valorando o histograma ( luz, contraste , sombras..) • Transformar a imaxe ( cortar, dar relación de aspecto e rotar ) • Corrección de imperfeccións coa ferramenta tirita. • Edición puntual , o segredo dun bo retoque. • Gardar arquivo editable e arquivo final. • Polarr Photo Editor : exportar a un tamaño preestablecido e engadir marca de auga nas nosas fotografías. O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
19/04/2018 19:00
As follas de cálculo son un dos programas máis estendidos no ámbito empresarial dada a súa versatilidade e posibilidades, pero de cando en cando aproveitamos o seu potencial real. Neste obradoiro, enfocado para usuarios con coñecementos previos en follas de cálculo, abordarase o uso de funcións avanzadas e as posibilidades que existen ao combinar varias delas. En próximas edicións continuaremos profundando na materia. Índice de contidos 1.- Introdución: As follas de cálculo e a súa utilidade 2.- As referencias a celas e a rangos 3.- Funcións matemáticas simples 4.- Funcións lóxicas ou de control de fluxo 5.- Funcións matemáticas condicionais 6.- Funcións de procura e de referencia O obradoiro será impartido por Enrique Vara, Licenciado en Economía e Máster en Administración e Dirección de Empresas, quen actualmente desempeña o seu labor profesional en KPMG. A súa experiencia no uso de follas de cálculo céntrase no ámbito da análise de datos e a análise financeira"
Rexistro
Calendario eventos
« | Abril 2018 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento