Eventos

Buscador

    a
O obradoiro está dirixido a todas aquelas persoas que teñen páxina web ou que van crear unha nova. Explicarase o funcionamento da comunicación coa páxina web, só os aspectos máis básicos para poder entender os posibles perigos. Resaltaremos a importancia de ter unha certificado web instalado para evitar suplantacións de identidade da páxina web, sobre todo, se esta ten comercio electrónico. Informaremos sobre as penalizacións futuras no SEO, que aplicará Google, se a nosa páxina web non é segura e veremos algúns exemplos de certificados web. 
Dado que o obradoiro está relacionado con aspectos de seguridade e estes, ás veces, necesitan dunha instalación e configuración personalizada, vemos que o taller está orientado a un usuario cun nivel intermedio-alto de coñecementos informáticos.

Índice de contidos

• Conceptos básicos de navegación Web.
• Algúns perigos nas comunicacións Web.
• Poñendo remedio á suplantación e a ataques MIM.
• Na práctica.
• Exemplos.

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade.
Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google.

Índice de contidos

• Google My business
o Que é?
o Servizos que oferta
o Como funciona?
o Vantaxes
• Google Adwords Express
o Que é?
o Como funciona?
o Vantaxes
• Diferencias entre Google  Adwords e Google  Adwords  Express
• Custo destes servizos

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.