Eventos
Eventos
Buscador
30/05/2018 19:00
Neste taller nos aproximaremos á tecnoloxía de virtualización. Veremos as múltiples vantaxes que nos ofrece esta tecnoloxía e porque o mundo informático e todas as empresas queren empregar esta tecnoloxía. Analizaremos como podemos empregala na nosa empresa e obter o máximo beneficio. Finalmente realizaremos un caso de virtualización práctico para constatar o fácil que é utilizar esta tecnoloxía. Índice de contidos: 1.- Que é a virtualización? 2.- Obxectivos da virtualización. 3.- Vantaxes da virtualización. 4.- Tipos de virtualización. 5.- Cloud computing e, a maior paradigma de virtualización. 6.- Exemplo práctico da Virtualización. O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
30/05/2018 19:00
Taller dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a súa propia tenda online dunha maneira sinxela á vez que potente. Baseado no xestor de contidos Woocommerce, este taller intégrase nun itinerario formativo de comercio electrónico que ten a súa continuación co módulo 2 do devandito taller. Debido a que o taller partirá da asunción de certos coñecementos informáticos básicos por parte do asistente considérase que teñen un nivel medio de dificultade. O obradoiro impartirase no viveiro de empresas de A Estrada. Índice de contidos • Xestores de tendas online: Prestashop, Magento, WooCommerce • Elixir un entorno de aloxamento rápido e seguro • Instalación de Woocommerce • Elixir o tema adecuado para a tua web • Métodos de pago e métodos de entrega • Engadir categorías e productos O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.