Eventos
Eventos
Buscador
29/05/2018 17:00
Con este obradoiro preténdese achegar as empresas unhas das ferramentas crave para a atracción e fidelización de clientes no mundo turístico actual: O Plan de Marketing Dixital. Traballarase o deseño estratéxico e a implementación dende un enfoque práctico orientado a resultados. Índice de contidos: 1. ¿Por qué un Plan de Marketing Dixital? 2. Elementos diferenciadores do Plan de Marketing Dixital no Turismo · A "persoa" obxectivo · Os contidos e o SEO · A lenguaxe dixital: ton de voz · Redes sociais e influencers · A xestión da reputación online · Canles de venta e comparadores 3. Exemplos prácticos Este obradoiro será impartido por Leticia Pérez, Licenciada en Administración e Dirección de Empresas e Licenciada en Dereito pola Universidade Pontificia Comillas - ICADE e Master en Creatividade Publicitaria, leva máis de 10 anos deseñando e implementando estratexias de Marketing, dos que máis de 7 en entornos dixitais para empresas de Servizos, Cultura e Turismo.
29/05/2018 19:00
Índice de contidos • Evolución do mercado • Como elixir unha pasarela de pago para o noso e-commerce • Integración na túa tenda • Canto me vai costar • As API's: Xestión directa de pagos • Seguridade e soporte • Exemplos de medios de pago O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
29/05/2018 19:00
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar como organizar noso e- commerce a través da configuración das categorías, produtos, loxística e métodos de pago. Tamén veremos como configurar a nosa tenda a través dos pedidos e clientes. Índice de contidos • Categorías • Produtos • Loxística • Métodos de pago • Tenda configurada: Xestión de Pedidos e de Clientes • Recursos WEB O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
29/05/2018 19:00
As follas de cálculo son un dos programas máis estendidos no ámbito empresarial dada a súa versatilidade e posibilidades, pero de cando en cando aproveitamos o seu potencial real. Neste obradoiro, enfocado para usuarios con coñecementos previos en follas de cálculo, abordarase o uso de funcións avanzadas e as posibilidades que existen ao combinar varias delas. En próximas edicións continuaremos profundando na materia. Índice de contidos 1.- Introdución: As follas de cálculo e a súa utilidade 2.- As referencias a celas e a rangos 3.- Funcións matemáticas simples 4.- Funcións lóxicas ou de control de fluxo 5.- Funcións matemáticas condicionais 6.- Funcións de procura e de referencia
29/05/2018 19:00
O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.