Eventos
Eventos
Buscador
07/04/2017 19:00
"O obxectivo desde obradoiro é mostrar as claves para a realización de fotos que comuniquen e inviten á experiencia, aprender cales son eses elementos da composición visual que te axudaran a facer fotografías que transmitan a esencia do teu establecemento turístico e do espazo rural que o rodea. Índice de contidos • A clave esta en comunicar • É o equipo un factor determinante a hora de acadar fotografías atractivas? • Cales son os elementos básicos que se requiren para fotografía co SmartPhone? • Antes de disparar ha de saberse mirar. • A regra dos terzos • Que se precisa para gravar un vídeo? • Softwares mais empregados para crear presentacións con fotos e vídeos • Conclusións O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo."
07/04/2017 19:00
"Neste obradoiro trataremos de iniciar tanto a autónomos, como pequenos empresarios e a emprendedores nas claves para manter sempre protexidos os seus datos persoais e profesionais nos seus smartphones. Consellos xerais e tamén específicos para os diferentes sistemas operativos para smartphone: Android e iOS. Índice de contidos • Introdución ao concepto de seguridade • Cal é o Sistema Operativo máis seguro Android ou iOS? • Consellos de sentido común para manter seguro • teu smartphone • Aplicacións de seguridade en Android • Aplicacións de seguridade en iOS O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."