Eventos
Eventos
Buscador
19/07/2017 19:00
Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio. Índice de contidos - Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces - Termos máis usados no deseño gráfico - Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe. - Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes. - Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual. - Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños. - Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños. - Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa) - Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com) O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
19/07/2017 19:00
Este obradoiro ten como obxectivo presentar as funcionalidades e principais características de diferentes plataformas online para crear e xestionar e-commerce. Índice de contidos • E-commerce: creación e xestión online • Shopify • Oleoshop • Comandia Shop • Tendas creadas con estas plataformas • Plataformas E-commerce online. Outros exemplos • E-commerce. Información adicional O obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experiencia na implantación TIC nas empresas.