Eventos
Eventos
Buscador
Marcas moi coñecidas teñen conseguido crearse unha identidade propia coas súas fotos destinadas a redes sociais, e outras mais pequenas ou menos coñecidas comezan a seguir unha estratexia entendendo que o esencial nas redes sociais e a imaxe creativa que logre captar a atención dos internautas. Neste taller proporcionarásete as ferramentas e ideas para que traballes as fotos do teu produto ou servizo para as redes sociais. Índice de contidos - A fotografía para comercio electrónico versus a fotografía para redes sociais - Humaniza os teus produtos ou servizos mediante imaxes sinxelas pero vistosas. - Os rostros da túa empresa: A foto corporativa - Como aumentar a conversión do teu negocio a través das fotos que se fan os teus clientes con teus produtos - Práctica O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
18/07/2017 19:00
O taller está dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que xestionan a súa actividade cunha folla de cálculo. Neste taller aprenderán formas sinxelas de relacionar a información das operacións diarias cos stock de mercadoría, mediante un exemplo práctico que tan só usa 9 fórmulas. Ademais poderás interpretar a marcha do teu negocio utilizando táboas e gráficos dinámicos. O taller está concibido para nivel inicial e intermedio. Contidos: - As importancia da xestión das operacións - Uso de persoais en follas de cálculo - Deconstrución do noso exemplo - Análise dos resultados - Plataformas de follas de cálculo alternativas O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
18/07/2017 19:00
Neste obradoiro mostrase a autónomos e micropemes a evolución e tendencias do comercio electrónico, as ferramentas que existen e que están á súa disposición e os aspectos chave que deben ter en conta á hora de optar por unha ou outra solución. Índice de contidos • Evolución e perspectivas do comercio electrónico en España • Tipos de plataformas de venda en liña • Como elixir a plataforma máis adecuada para o teu negocio O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce