Vigo - Como empregar eficientemente Google e Google apps for Business

Data Inicio:  15/03/2017 19:00    
Data Fin:  15/03/2017 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Utilidades
 
Tipo de Solución:  Intelixencia de Negocio (BI)
 
   
 
"Este obradoiro ten como obxectivo axudar a empresa nas procuras en Google para aforrar tempo e esforzo. Hoxe en día millóns de persoas utilizan este buscador, pero a maior parte dos usuarios non o usan de forma eficiente, pois existen varios comandos (uns coñecidos e outros non tanto) que nos permiten realizar unha busca máis exacta. O que se trata con esta actividade é facilitar á empresa o uso desta ferramenta e facer máis eficientes as súas procuras.

• Introdución: que é google? Como funciona? Que é a nube? 
• Uso eficiente de google 
• Google Apps: que é?, versións, produtos e utilidades 
• Obradoiro práctico

O taller será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse