Barro - Introdución á realidade aumentada

Data Inicio:  23/07/2018 19:00    
Data Fin:  23/07/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
A realidade aumentada ( RA) é un termo que se utiliza para definir unha visión indirecta dunha contorna física do mundo real. Formando unha realidade mixta en tempo real. A partir de información física xa existente, enriquecémola con información sintética ou virtual; enriquecendo así o resultado final. Aproximarémonos a estas técnicas de representación da realidade vendo as súas posibilidades e limitacións. 

Índice de contidos:
- Que é a Realidade Aumentada?
- Un pouco de Historia.
- Tipos de Realidade Aumentada.
- Exemplos de Realidade Aumentada.

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse