Barro - Introdución aos sistemas embebidos

Data Inicio:  17/07/2018 19:00    
Data Fin:  17/07/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Hoxe en día atopámonos rodeados por estes pequenos dispositivos “encaixados, incrustados, embutidos” que utilizamos para controlar equipos, desde maquinarias industriais ata os vehículos que conducimos a diario. Estes pequenos dispositivos están caracterizados por circuítos integrados que son parte integral do sistema no que se atopan.  Aproximarémonos a estes sistemas para ver as súas capacidades e como poder empregalos.

Índice de contidos:

1.- Que é un Sistema Embebido?

2.- Onde atopo Sistemas Embebidos?

3.- Requisitos dun Sistema Embebidos.

4.- Tecnoloxías e compoñentes dos Sistemas Embebidos.

5.- Os problemas de Seguridade dos Sistemas Embebidos.


O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse