Barro - O que necesitas saber sobre virtualización

Data Inicio:  05/07/2018 18:00    
Data Fin:  05/07/2018 21:00 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste taller aproximarémonos á tecnoloxía de virtualización. Veremos as múltiples vantaxes que nos ofrece esta tecnoloxía e porque en mundo informático e todas as empresas queren empregar esta tecnoloxía. Analizaremos como podemos empregala na nosa empresa e obter o máximo beneficio. Finalmente realizaremos un caso de virtualización práctico para constatar o fácil que é utilizala.

Contidos: 

1.- Que é a virtualización?
2.- Obxectivos da virtualización.
3.- Vantaxes da virtualización.
4.- Tipos de virtualización.
5.- Cloud computing e, a maior paradigma de virtualización.
6.- Exemplo práctico da Virtualización.

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse