Vigo - Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet

Data Inicio:  10/07/2018 18:00    
Data Fin:  10/07/2018 21:00 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Taller dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a súa propia tenda online dunha maneira sinxela á vez que potente.

Neste taller aprenderemos os conceptos básicos a ter en conta na instalación, configuración e xestión dun ecommerce con Woocomerce. Trataranse aspectos como a configuración dos distintos tipos de produtos, métodos de envío e formas de pago entre outros temas.

Índice de contidos:
Woocommerce vs outros xestores de tenda online
Instalación e configuración básica
Xestión de produtos
Métodos de envío e de pago
Xestión de pedidos e clientes
Addons para woocommerce

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse