Barro - A mellor imaxe para inmobiliarias, unha estratexia exitosa - Módulo I

Data Inicio:  14/06/2018 18:30    
Data Fin:  14/06/2018 20:00 Duración:  1:30
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste obradoiro tratarase o tema da fotografía de alta calidade para inmobiliarias, empregando ópticas  ultrangulares (opcións interesantes para capturar todo tipo de paisaxes, arquitectura ou escenas interiores) e fotografía  HDR (técnica para procesar imaxes que busca abarcar o maior número de niveis de exposición en todas as zonas). Tamén, abordarase todo aquilo referido a elaboración de visitas virtuais baseadas en fotografía de 360º.


Índice de contidos:

1º parte: Fotografía de alta calidade:
Móbil  vs Cámara.
Kit de fotografía.
Elixir óptica adecuada.
Iluminación/ HDR
Práctica.
Procesado.

2º parte: Visita Virtual.
Visita virtual. Vantaxes.
Kit de fotografía virtual.
Captura.
Procesado-cosido.
Creación de circuíto virtual.
Publicación en distintos dispositivos.

O obradoiro será impartido por Rubén Lázaro quen, desde o 2009, leva a cabo a realización de programas de TV. Actualmente, tamén se dedica á imaxe aérea con  drone, gravación, operador  Ronin e creación de contidos 360ª. Máis información dispoñible en  vdevideo. com.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse