Pontevedra - Parte práctica da Lei de Protección de Datos 2018, RGPD Europeo

Data Inicio:  12/06/2018 19:00    
Data Fin:  12/06/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Na anterior sesión informativa sobre o novo Regulamento Xeral de Protección de Datos ( RGPD) abordamos o marco legal que se debería aplicar a partir do pasado día 25 de maio. 

Nesta ocasión profundaremos grazas ás preguntas que frecuentemente foron xurdindo ao longo destes días, algunhas delas poden ser:

- Que debo incluír na miña páxina web?
- Débese modificar o aviso de  Cookies?
- Que debo ter en conta á hora de realizar os meus formularios?
- Podo usar ou non  WhatsApp coa miña clientela?
- Como podo xestionar a miña comunicación coa miña clientela a través de correos electrónicos?

O obradoiro será impartido por José María  Lozoya Pérez, socio de  Lozoya e Torres, Avogados,  S. C. P. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Dereito das Telecomunicacións pola Universidade Pontificia de Comiñas ( ICAI- ICADE). Relator en cursos e xornadas sobre protección de datos persoais e dereito das TIC.

Poderá verse de maneira presencial na oficina ou retransmitido en directo.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse