Barro - En que teño que fixarme para facer un modelo 3D?- Módulo I

Data Inicio:  19/06/2018 18:30    
Data Fin:  19/06/2018 20:00 Duración:  1:30
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este obradoiro está dirixido a analizar que tipo de modelo 3d preciso segundo o que queira representar e a súa finalidade; aspectos fundamentais que determinarán o como obter ese modelo.

Verase as diferentes tipoloxías de modelos 3d; a utilidade ou aplicacións dos modelos 3d para os nosos negocios; e as características dos modelos que debemos ter en conta segundo a súa finalidade.

O obradoiro o impartirá Sabela Muñiz Pérez, creativa multidisciplinar (Alobre 3d) e apasionada das novas tecnoloxías, a innovación e o deseño. Colaboradora en proxectos de economía creativa, social e colaborativa, con formación en Deseño de Interiores (EASD Ramón Falcón) e Restauración de Bens Culturais (ESCRBBCC de Galicia), especializada en Virtualización do Patrimonio (Univ. Alicante).

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse