Vigo - Pasarelas de pago para o comercio electrónico

Data Inicio:  26/06/2018 19:00    
Data Fin:  26/06/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
O número de consumidores que regularmente utilizan un dispositivo móbil, xa sexa un teléfono intelixente,  tableta ou portátil, para facer pagos a aumentado nos últimos anos.

Cando estamos no proceso de creación dun e- commerce, é moi habitual deixar para o final, a toma de decisión, de como pagarán os nosos clientes. Con todo, esta vai ser unha toma de decisión fundamental, que se converterá nunha experiencia de cliente.

Este obradoiro ten como obxectivo dar a coñecer diferentes medios de pago para, así, poder escoller o que mellor se adapte ao negocio e ás necesidades dos clientes. 
 
Índice de contidos:
Evolución do mercado
Como elixir unha pasarela de pago para o noso  eCommerce
Integración na túa tenda
Canto vai custar
As  APIs: xestión directa de pagos
Seguridade e soporte
Por que solución de pago decídome? Algúns exemplos de medios de pago

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse