Ponteareas - Rentabiliza o teu perfil profesional aumentando seguidores en Facebook

Data Inicio:  26/06/2018 19:00    
Data Fin:  26/06/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este obradoiro ten como obxectivo mostrar a importancia e as distintas vantaxes de ter seguidores no noso perfil profesional. En consonancia con isto, a idea é achegar o necesario para que os asistentes manexen as técnicas básicas, mostrando exemplos que lles permitan ver como se plasman na práctica estas técnicas, para que a continuación traballen sobre eles.

Índice de contidos
• Importancia dunha imaxe de marca en internet
• Factores para mellorar a túa presenza en liña, tipos de contidos (imaxes, infografías, vídeos, artigos, presentacións)
• Introdución ás redes sociais.
• Técnicas especializadas para aumentar seguidores
• Imaxe e reputación en internet
• Ferramentas do día a día
• Publicidade en redes sociais

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse