Lalín - A túa información sempre a mán: almacenamento na nube

Data Inicio:  07/06/2018 17:00    
Data Fin:  07/06/2018 19:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste obradoiro búscase orientar as empresas e autónomos cara a unha mellora dos seus sistemas de almacenaxe actuais a través dos novos servizos ofrecidos na internet, xa que o uso desta ferramenta permítelle á empresa reducir os seus custos e garantir un mellor tempo de actividade dos servizos mencionados.

Índice de contidos
• A nube: concepto e analoxías
• Por que almacenar na nube?
• Vantaxes e desvantaxes
• Dropbox
• Vinculación de conta
• Google Drive
• OneDrive
• Box

Este obradoiro será impartido por Belén Quintana, técnico de márketing e comunicación con experiencia asesorando a diversas empresas en márketing dixital, xestión de redes sociais e comunicación.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse