Barro-Meis - Smartdata, o CRM como aliado para conquistar ao cliente

Data Inicio:  24/05/2018 19:00    
Data Fin:  24/05/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Partindo dun CRM xa instalado e con datos de clientes, faremos diversas consultas para familiarizarnos co funcionamento. Xerando gráficas para os usuarios, envorcando datos en medios externos e aprendendo a xerar informes personalizados.

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse