Vigo - Fotografía de produto: especial sector téxtil

Data Inicio:  21/05/2018 19:00    
Data Fin:  21/05/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste taller práctico aprenderás as cuestións básicas da túa cámara para que poidas obter as fotos que ti queres e non as que ela faga por si soa. Coñecerás que tipo de iluminación podes usar para fotografar os produtos e como preparar a foto para subila a redes sociais ou a unha páxina web. 

Índice de contidos

• Introdución
• Coñeces a túa cámara? Simulador virtual de cámara.
• Equipo necesario: iluminación, fondo, e/ou cubo de luz.
• Técnicas de fotografía no sector Moda.
• Para a práctica tomar en conta o seguinte:

1º  É indispensable o uso dunha cámara digital que teña o modo manual. 
2º Cada participante pode traer unha peza, xa sexa roupa (coa súa percha) ou calzado. Si alguén quere levar un maniquí tamén é aceptable.
3º En caso de non dispoñer de cámara digital pódese aceptar o uso do móbil, a condición de que a cámara deste sexa de máis de 10 megapíxeles. E haberse descargado a aplicación Camera Zoon FX (para Android) ou Camera (para iOS).
•  Edición e preparación da foto para subila a internet.

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Agosto 2018 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento