Vigo - Colabora có teu equipo dun xeito máis sinxelo

Data Inicio:  08/05/2018 19:00    
Data Fin:  08/05/2018 19:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
O obradoiro vai dirixido a todos aqueles emprendedores e empresarios que necesiten modernizar o modo nos que se comunican os seus traballadores, tendo sempre en conta que a comunicación en tempo real permite tanto a innovación, como a competitividade. Coa velocidade de desenvolvemento vertixinosa de hoxe en día, é necesario simplificar a comunicación e apostar por unha organización accesible a todos. Coñeceremos unha ferramenta moi útil e versátil como "" SLack"" para poder levar a cabo todas estas ideas.  

Índice de contidos
1. Traballo en equipo.
2. Simplificación da comunicación.
3. Procura da información.
4. Optimización de fluxos de traballo.
5. Exemplo práctico.  Slack.

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse