O Porriño - Aprende e emprega a tipografía adecuada para comunicarche

Data Inicio:  31/05/2018 17:00    
Data Fin:  31/05/2018 19:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste primeiro módulo sobre o correcto uso da tipografía, veremos o que comprende ao  glifo ou letra. Asentaremos deste xeito unha base sólida para o seguinte, cuxa temática será o corpo de texto e a súa maquetación. 

Así pois, imos aprender a distinguir os diferentes grupos tipográficos xunto ás súas características principais e familias para o seu correcto uso. Veremos tamén os erros máis comúns e a diferenza visual que presenta o soporte dixital respecto ao papel para o uso  tipográfico. Para pechar o módulo, achegarémonos ao desafío de combinar diferentes tipografías entre si de forma acertada, engadindo desta forma mellores matices e maior dinamismo á nosa comunicación. 

Para realizar os exercicios vai necesitar ter unha conta creada no programa  online de deseño Canva. com cun correo electrónico. Este correo debémosllo facilitar ao relator ao comezo do taller. 

Índice de contidos:
-	Que é a tipografía?
-	Datos históricos de interese
-	Clasificación das tipografías segundo a  Vox- ATypl
-	Anatomía cha tipografía
-	Familias  tipográficas e os seus variables
-	Signos de puntuación
-	Combinación  tipográfica. 

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse