O Porriño - Marketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva

Data Inicio:  08/05/2018 19:00    
Data Fin:  08/05/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
"Na actualidade, dado o gran número de competidores grazas á globalización e accesibilidade que permite internet, as empresas necesitan chegar ao consumidor dunha maneira intelixente e emotiva para diferenciarse do resto.  O Márketing de contidos busca atraer e reter aos clientes potenciais ofrecéndolles contido interesante e valioso co que sentan identificados e xeren unha  empatía cara á marca.
O taller céntrase nos aspectos que se deben ter en conta para  postear nun horario adecuado ao cliente, ver de que maneira hai que dirixirse a el ou coidar os detalles de cada publicación para lograr a maior taxa de  engagement posible.

Índice de contidos
Que é o márketing de contidos?
Vantaxes de realizar unha estratexia baseada no márketing de contidos
Formatos e horarios óptimos
A importancia de ter un  timming mensual
Conclusións""

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web."
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse