Cambados - Crea un servizo privado de almacenamento na nube

Data Inicio:  31/05/2018 19:00    
Data Fin:  31/05/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste obradoiro analizaremos a tecnoloxía de Cloud computing, incidindo nas súas vantaxes e inconvenientes. Repasaremos os múltiples servizos que podemos implementar coa tecnoloxía  de Cloud  computing, parándonos no servizo de almacenamento distribuído. E como exemplo implantaremos unha instancia de  NextCloud, gozando das múltiples opcións e posibilidades que nos ofrece este software gratuíto.

Índice de Contido: 
1.- Que é Cloud computing?
2.- Características de Cloud computing.
3.- Vantaxes e desvantaxes de Cloud computing.
4.- Servizos de Cloud computing.
5.- Exemplo práctico:  NextCloud nosa nube privada.

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse