Cambados - Seguridade informática: conceptos básicos

Data Inicio:  24/05/2018 17:00    
Data Fin:  24/05/2018 19:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
"O obxectivo deste taller e proporcionar a autónomos emprendedores e pequenas empresas guías e solucións para que poidan mellorar significativamente a seguridade dos seus equipos informáticos dándolles un uso adecuado.

O taller esta orientado a empleados de pequenas empresas, emprendedores e autónomos con coñecementos básicos de informática, coa intención de fomentar unha cultura de Seguridade Informática adecuada.

Índice de contidos:

1. Seguridade informática
• Principios da seguridade informática: confidencialidade, integridade e dispoñibilidade
• Protección de usuarios equipos e datos
• Copias de seguridade: estratexias e planificación
• Boas practicas e consellos
• Caixa de ferramentas

2. Seguridade na rede
• Que é un hacker? Tipos de hackers que debes coñecer
• Perigos na rede: Tipos de malware infeccioso, malware oculto e malware para obter beneficio
• Correos electrónicos: problemáticas e perigos
• Boas practicas e consellos
• Caixa de ferramentas

3. Seguridade nas comunicacións
• Identidades na rede
• Autenticación, claves e contrasinais
• Perigos nas comunicacións: redes sociais, chats, cámara web, fotografías
• Boas practicas e consellos
• Caixa de ferramentas

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse