Cambados - Edición de fotografía para plataformas e-commerce

Data Inicio:  07/05/2018 19:00    
Data Fin:  07/05/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer ferramentas de retoque como o editor de fotografía Pixlr, gratuíto, que non necesita descargarse e que é de manexo básico e fácil. 

Subministraranse fotos para converter o fondo a branco puro, borrar imperfeccións ou redimensionalas ao tamaño requirido por Amazon, entre outras ferramentas de edición

Índice de contidos:
1. Coñecer as recomendacións xerais para mellorar as fotos. 
2. Requisitos de calidade estética e técnica das imaxes que esixen Amazon, Ebay, Googleshopping e Etsy.
3. Introducirnos no editor de fotografía Pixlr, para coñecer como:
•  Limpar manchas ou impurezas do produto
•  Suprimir ou borrar elementos da imaxe
•  Modificar contraste e brillo 
•  Intensificar as cores 
•  Seleccionar fondo
•  Branquear o fondo
•  Redimensionar a imaxe
•  Gardar

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse