Cambados - Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest

Data Inicio:  02/05/2018 19:00    
Data Fin:  02/05/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro no que coñeceremos en profundidade  Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media.

Índice de contidos:
• Introdución
• Como crear unha conta en  Pinterest
• Primeiros pasos
• Taboleiros
• Que é e como se engade un  pin?
•  Pinterest para negocios
• Recomendacións"

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse