Barro-Meis - Iniciación ao Arduino, primeiros pasos. Módulo II

Data Inicio:  16/04/2018 13:00    
Data Fin:  16/04/2018 14:30 Duración:  1:30
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este taller correspóndese coa primeira parte dunha serie de talleres nos cales se pretende profundar e ampliar os coñecementos acerca da placa de Arduino, placa impresa cos compoñentes necesarios para que funcione un  microcontrolador e a súa comunicación co ordenador. Daranse os primeiros pasos no  desenvolvimiento de proxectos, a utilización de sensores e mostraranse as posibilidades que ofrece para a construción de dispositivos dixitais. 

Por último, comunicarlles que para o desenvolvemento do mesmo será necesario acudir cun ordenador. 

Índide de contidos

- Que é o coñecemento Gratis?
- Que é  o coñecemento Libre e como se diferencia do coñecemento Gratis?
- Que é o proxecto Arduino?
- Que é un Robot?
- Elementos dos Robots
- Dixital e Analóxico
- Os  Pines do Arduino
- Contornas de Texto e Visuais
-  Bitbloq 2

O taller será impartido por Fernando A. Coadas, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D,  formador técnico en novas tecnoloxías con máis de 22 anos de experiencia profesional. 
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse