O Porriño - Habilidades ofimáticas: Uso de fórmulas en follas de cálculo

Data Inicio:  25/04/2018 19:00    
Data Fin:  25/04/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
As follas de cálculo son un dos programas máis estendidos no ámbito empresarial dada a súa versatilidade e posibilidades, pero de cando en cando aproveitamos o seu potencial real. Neste obradoiro, enfocado para usuarios con coñecementos previos en follas de cálculo, abordarase o uso de funcións avanzadas e as posibilidades que existen ao combinar varias delas. En próximas edicións continuaremos profundando na materia.

Índice de contidos

1.- Introdución: As follas de cálculo e a súa utilidade
2.- As referencias a celas e a rangos
3.- Funcións matemáticas simples
4.- Funcións lóxicas ou de control de fluxo
5.- Funcións matemáticas condicionais
6.- Funcións de procura e de referencia


O obradoiro será impartido por  Enrique Vara, Licenciado en Economía e Máster en Administración e Dirección de Empresas, quen actualmente desempeña o seu labor profesional en  KPMG. A súa experiencia no uso de follas de cálculo céntrase no ámbito da análise de datos e a análise financeira.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse