Barro-Meis - NAS, a túa solución de almacenamento en rede

Data Inicio:  27/03/2018 19:00    
Data Fin:  27/03/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste taller veremos como montar un  NAS para compartir a nosa información en rede, almacenar copias de seguridade, centralizar as descargas, compartir documentación, etc.. Explicaranse as funcionalidades engadidas das que se pode dispoñer e publicaremos a información que nos interesa na internet para facela accesible desde calquera localización.

Índice de contidos

Que é un  NAS?
Para que serve?
Como funciona?
Que funcionalidades ten?
Distribucións  NAS gratuítas

O obradoiro será impartido por Francisco  Lorenzo Castro, Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas, pola Universidade da Coruña e Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de "Seguridade Informática" e "Sistemas Virtualizados"; levando máis de dez anos no sector da virtualización de sistemas e consolidación de servidores. 
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse