Barro-Meis - Sistemas embebidos, iniciación ao Arduino

Data Inicio:  08/03/2018 19:00    
Data Fin:  08/03/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este taller está dirixido a empresarios e empresarias que desexen ter un primeiro contacto coa plataforma de hardware libre Arduino, baseado nunha placa cun  microcontrolador de deseño libre e deseñada para facilitar o uso da electrónica en proxectos multidisciplinares.

Índice de contidos: 

Que é Arduino?
Características de Arduino.
Como funciona?
Tipos de Arduino.
Como instalar Arduino en  Windows?

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse